miércoles, 9 de junio de 2010

"Terras outas e solas", Uxío Novoneyra. Os eidos.Libro do Courel

Terras outras e solas!

Serras longas mouras!

Eu son esta coor de soidá


Ancares soñados co lonxe!

Penas de Marco de Medio Mundo en ringuileira do Candedo ás Moás!


Cimo da Devesa!

Alto da Lucenza!

Formigueiros Montouto Pía-Páxaro

tesos cumes do Courel! Pobos pobres

ardidos de tristura mouros de queimados!


Lor ruxindo polo val pecho!


Ucedo e ucedo!

Fontiñas outas

Penedos

Carrozos escuros

Fragas agros soutos e devesas!

Labregos e pastoras

Que sólo vistes

Istes tesos i estas vales!


Aturula a curuxa e canta o cuco

Medindo o tempo quedo que para no cor e tornándose

Contra un vñen cravarse no sitio onde máis se sinte.


Uxío Novoneyra. Os eidos.Libro do Courel


Localización:

Este poema pertence ao autor Uxío Novoneyra, , naceu en 1930 en Parada de Moreda na serra do Courel na que pasou toda a súa infancia ata que marchou a Madrid e entrou en contacto co grupo Brais Pinto, alí traballou na televisión e na radio e publicou o seu primeiro libro chamado Os eidos. Cando volveu a Santiago escribiu os seus demais libros como Elexías do Courel e outros poemas e a Muller para lonxe entre outros. Novoneyra destaca nas súas obras sobre todo pola súa poesía paisaxística aínda que tamén escribiu social e intimista e erótica.


Este Poema esta sacado do seu terceiro libro chamado Os eidos.Libro do Courel un libro de poemas paisaxísticos especialmente centrados nas montañas do Courel escrito na súa aldea antes de ir para Santiago no 1981.Nos seus poemas se caracterizan poña importancia dos efectos fónicos como as aliteracións, as onomatopeas, o fonosimbolismo…)


Uxío Novoneyra foi un poeta da posguerra especialmente da xeración das Festas Minervais que eran uns escritores nacidos entre o 30 e o 40 que comezaron a publicar na década dos cincuenta e renovaron a literatura galega. Todos eles tiñan formación universitaria e participaron nas Festas minervais unha serie de concursos literarios nas que se premiaban as obras escritas en galego e só escribían en galego, todos mantiñan un activo compromiso político e moitos deles tiñan un papel relevante no nacionalismo marxista

Contido:


Tema:

O tema deste texto é paisaxístico, xa que en todo o texto so describe a serra do Courel.

Subxénero literario:

O subxénero literario é poesía paisaxística ao igual que no tema por que todos os seus poemas falan da serra do Courel xa que viviu e naceu alí.

Voz poética:

A voz poética neste poema e o propio autor Uxío Novoneyra xa que no verso 3 Eu son esta coor de soida….

Tampouco existe interlocutor xa que simplemente fala en xeral sen dirixirse a ninguén en especial , e na poesía paisaxística non hai interlocutor.

Estrutura do contido:

Neste texto todo o contido esta relacionado xa que simplemente describe a serra do Courel. Pero se mira detidamente en cada parte fala de cousas diferentes e dicir:

Este poema o dividiremos en dúas partes e a primeira en outras dúas:

Primeira parte: (verso 1 ao 19)

Da liña 1-6 fai unha descrición en xeral da serra

Da liña 6-10 só describe a cima do courel

Da liña 11-19 cita as plantas que existen na serra e o que podes encontra na serra do Courel.

Segunda parte: (verso 20 ao 22)

Esta parte é diferente a outra xa que vai introducindo verbos e as frases son moito mais largas

Expresión:


Estrutura da expresión:

Esta composto por seis estrofas de diferentes números de versos non existe ningunha rima.


Recursos de expresión:


Conclusión:


Síntese:

Este poema é de Uxío Novoneyra un escritor da posguerra que escribiu poesía paisaxística, a súa poesía caracterizase pola importancia de efectos fónicos. Varios dos seus libros trataban sobre a serra do Courel.


Valoración:

Este poema gustounos moito xa que simplemente facendo frases cortas ou simples palabras describe moi ben como é a serra do Courel